O Goberno Municipal da Coruña non se axusta aos datos reais do proxecto do Polígono de Percebeiras-Labañou

A A.VV de Labañou “Francisco Rodriguez Otero” considera que a información publicada polo goberno local no día de onte respecto do Plan en trámite para as Percebeiras non se axusta nin é conforme cos propios datos contidos na documentación en trámite de dito Plan (Documento ambiental estratéxico, DAE, e a Memoria do Borrador do Plan).

Leer más

AVV Francisco Rodríguez Otero. A urbanización das Percebeiras: o proxecto que non precisamos

Na mañá de hoxe, luns 28 de setembro, a AVV Francisco Rodríguez Otero vén de explicar ante os medios de comunicación asistentes os motivos das súas alegacións ao DAE (Documento Ambiental Estratéxico) referente ao Plan Especial Labañou – PE M18. No transcurso do acto, os representantes da asociación veciñal tamén fixeron referencia á proposta de moción relativa a este proxecto […]

Leer más

O BNG Coruña oponse a construción de vivendas no soar das Percebeiras, e defende a construción dun parque público

Francisco Jorquera e Avia Veira, portavoz e concelleira do BNG en María Pita, visitaron esta mañá, na compaña de militantes nacionalistas da Coruña, o soar das Percebeiras, á beira do Paseo Marítimo, para mostrar a súa frontal oposición ao proxecto urbanístico que o Goberno Local impulsa nese lugar e para anunciar que no seu canto a formación nacionalista defende a […]

Leer más