Pablo Figueiras Reguera candidato do PP de Castroverde para recuperar a alcaldía

O empresario Pablo Figueiras Reguera é o novo candidato do Partido Popular de Castroverde para recuperar a alcaldía nas vindeiras eleccións municipais. Figueiras Reguera, natural de Castroverde, é coñecido no municipio pola súa faceta de empresario, pois actualmente atópase en medio do remate da construción dun hotel que permitirá dinamizar a economía e o turismo.

Leer más

PP de Castroverde. «O alcalde Arias non responda aos escritos dos veciños»

Os socialistas gustan de falar de participación cidadá, pero non poñen interese ningún en levala á practica alí onde gobernan. É fácil comprobalo. En concreto, no concello de Castroverde, o alcalde, José María Arias, non se sinte vinculado polo compromiso de fomentar a participación cidadá; máis aínda, no se sinte concernido pola obriga, cando menos moral, de responder aos veciños […]

Leer más

O PP de Castroverde esixe a Arias que xestione a adxudicación definitiva da recollida de lixo e que faga retirar os enseres domésticos acumulados nas parroquias

Ver durante semanas vellos enseres domésticos amontoados nalgúns núcleos de Castroverde, á espera de que pase a recollelos o servizo de limpeza, é un espectáculo nada edificante, que afea a imaxe do municipio e pon de manifesto a falta de eficacia na xestión do goberno municipal, presidido polo socialista José María Arias. O portavoz popular, Rubén Otero, sinala: “Ao alcalde […]

Leer más

O PP de Castroverde reclama a Arias que manteña unha liña aberta de información continua aos empresarios locais sobre as licitacións do Concello

As obras e servizos municipais poden ser unha fonte de dinamización da industria local, e, por tanto, do impulso da economía de cada municipio. Para que as pequenas empresas locais poidan ter igual capacidade que as máis grandes do resto do país de optar ás licitacións do Concello, precisan ter acceso á información e para iso o goberno local ten […]

Leer más

O PP de Castroverde pide a construción dunha beirarrúa na rúa Enriqueta Otero, que é o acceso á piscina municipal

A improvisación é a marca do goberno que preside o socialista José María Arias. Non de outra maneira se pode entender o feito de que, un ano máis, a rúa Enriqueta Otero, acceso á piscina municipal, siga sen beirarrúas e sen sinalizar adecuadamente. Así o indica o portavoz popular, Rubén Otero.

Leer más

O PP de Castroverde insta ao alcalde Arias a sacar a licitación a recollida de lixo, con melloras no servizo nas parroquias e a obriga do lavado dos contedores

Cando os servizos públicos se prestan con contratos caducados, queda en evidencia a falta de capacidade de xestión do goberno correspondente. Iso é o que pasa en Castroverde coa recollida de lixo, unha tarefa que ten encomendada a empresa Urbaser. Ao principio do mandato, o alcalde, o socialista José María Arias, anunciou como inmediata a licitación para sacar de novo […]

Leer más

O PP de Castroverde insta ao Concello a establecer un convenio coa Hidrográfica para ter a capacidade de autorizar os traballos de limpeza dos ríos

O PP de Castroverde intenta que aos veciños do municipio lles resulte máis fácil que na actualidade conseguir a autorización necesaria para a limpeza dos ríos. O portavoz popular, Rubén Otero, anuncia a presentación dunha moción para instar “ao Concello a que realice as xestións oportunas diante da Confederación Hidrográfica Miño-Sil para que sexa o propio Concello o que autorice […]

Leer más

PP de Castroverde. «A concelleira de Asuntos Sociais debe explique as deficiencias do Servizo de Axuda no Fogar»

O Servizo de Axuda no Fogar (SAF) de Castroverde funciona mal, ou polo menos así se infire das queixas dos usuarios. Igualmente, tamén hai problemas de índole laboral. Por todo elo, o portavoz popular, Rubén Otero, acaba de solicitar a comparecencia no pleno da concelleira de Asuntos sociais “para que dea as explicacións oportunas sobre as deficiencias e queixas que […]

Leer más

O PP de Castroverde insta ao socialista Arias a atender as queixas que presentan os veciños polas deficiencias no funcionamento do Servizo de Axuda no Fogar

O PP leva avisando ao alcalde de Castroverde, José María Arias (PSOE), de que é preciso que se poña a traballar para solventar dunha vez as múltiples deficiencias que presenta o Servizo de Axuda no Fogar. O portavoz popular, Rubén Otero, insiste agora en que cada día é máis urxente adoptar medidas, como demostra o feito de que algún particular […]

Leer más
1 2