O PP insta a Arias a elaborar un estudo das necesidades de sinalización das vías municipais de Castroverde e a iniciar a súa substitución

A sinalización é un elemento decisivo para a seguridade vial. Na rede de estradas do Concello de Castroverde os sinais, ademais de escasos, presentan un xeralizado mal estado, que nalgún caso, máis que facilitar unha “lectura” correcta do que prohiben ou indican, só é posible intuílo. O portavoz popular, Rubén Otero, pide ao goberno local, presidido polo socialista José María […]

Leer más

O PP de Castroverde faise eco das queixas veciñais por que hai moitos sumidoiros taponados e reclama máis limpeza das beirarrúas

A vila de Castroverde reúne todos os requisitos para ser unha das máis atractivas da provincia de Lugo. Ten todo o necesario menos, como está demostrado, un alcalde coa sensibilidade suficiente para manter en bo estado os elementos que embelecen os núcleos urbanos. O socialista José María Arias, segundo parece, non é consciente da necesidade de mellorar aquelo que está […]

Leer más

O PP denuncia o mal estado da rede de estradas municipais en Castroverde e demanda que as novas pavimentacións se leven a cabo con aglomerado en quente

A maior parte das estradas do municipio de Castroverde que dependen do Concello están en mal estado. Así o sinala o portavoz popular, Rubén Otero, que sostén que o investimento efectuado nos últimos anos no mantemento da rede de estradas de titularidade municipal non dá o resultado desexable e propón que no futuro a pavimentación se leve a cabo con […]

Leer más

O PP de Castroverde esixe ao alcalde, José María Arias, que aclare que xestións fixo para conseguir a titularidade do castelo e que resultados conseguiu

A torre da fortaleza identifica a Castroverde e constitúe unha das pezas máis significativas do patrimonio histórico do municipio. O alcalde de Castroverde, o socialista José María Arias, comprometeuse a xestionar a consecución para titularidade municipal de tan emblemática construción, pero, segundo sinala o portavoz popular, Rubén Otero, “pasan os meses e nada se sabe do resultado das xestións feitas […]

Leer más
1 2