O PP de Vilalba aposta pola dobre dirección da rúa da Pravia e a mellora do seu abastecemento

O PP de Vilalba deixa claro no pleno extraordinario celebrado esta mañá que a súa aposta é a dobre dirección da rúa da Pravia e a mellora do seu abastecemento. Ademais, o Grupo Municipal Popular pediu a votación por puntos, pois o Grupo Municipal Popular concorda coa realización das obras de renovación das instalacións e alumeado exterior no Carrizo, en […]

Leer más

Sandra Vázquez: “A perda dunha subvención de 43.800 euros da Deputación para mellorar a praza da rúa da Emigración demostra a total incapacidade de xestión do goberno vilalbés”

A portavoz do Grupo Municipal Popular de Vilalba, Sandra Vázquez, advirte novamente da “total incapacidade de xestión do goberno municipal socialista” ao perder unha subvención da Deputación de máis de 43.800 euros para o acondicionamento da praciña situada na esquina entre a rúa da Emigración e a rúa Luis González Valdesuso.

Leer más

O PP de Vilalba urxe ao goberno local a “dar a coñecer a programación de actividades infantís de cara ao verán 2022”

O Partido Popular de Vilalba urxe ao goberno local a “dar a coñecer a programación de actividades infantís de cara ao verán 2022 coa antelación suficiente para favorecer a conciliación das familias vilalbesas”. Os populares condenan que “o goberno local esqueza a importancia de programar estas actividades co suficiente tempo de antelación”.

Leer más

PP de Vilalba. «O goberno local “oculta os detalles do plan de mobilidade urbana”

O Partido Popular de Vilalba acusa ao goberno local de “ocultar as medidas que recolle o estudo de mobilidade presentado polo equipo de goberno socialista como, por exemplo, a dirección única para as rúas da Pravia, da Ferrería, Domingo Goás e Chao Ledo, que se atopa en obras na actualidade. Tamén esqueceron explicar cómo pretenden implantar o plan”.

Leer más

O PP vilalbés urxe un plan de mellora das pistas municipais para “arranxalas de cara ao verán”

O Grupo Municipal Popular insiste de novo sobre “o pésimo estado das pistas das parroquias do rural do noso concello” e, polo tanto, urxe ao goberno local a desenvolver un plan para “a mellora da rede viaria municipal de cara ao verán, aproveitando para facer obras no exterior agora que vén o bo tempo e pensando en poñer a disposición […]

Leer más

O PP de Vilalba condena o atraso do goberno local no pago de facturas a pequenos autónomos e empresas e urxe “corrixir a situación o antes posible”

O Grupo Municipal Popular de Vilalba condena “o atraso por parte do goberno local no pago de facturas a pequenos autónomos e empresas locais que son provedores do Concello” e, polo tanto, urxen ao goberno  socialista “a corrixir esta situación o antes posible”.

Leer más

O PP de Vilalba quere coñecer o plan de mobilidade do que fala o goberno local e solicita copia da súa documentación

O Grupo Municipal Popular de Vilalba solicitou formalmente a través do rexistro do Concello copia de toda a documentación relacionada co plan de mobilidade; xa que “no último pleno rexeitaron aprobar a iniciativa coa que o Grupo Municipal Popular solicitaba coñecer o contido do plan”.

Leer más

Os populares de Vilalba condenan a «falta de vontade da esquerda» para sacar adiante os orzamentos municipais

O Grupo Municipal Popular de Vilalba lamenta “a nula vontade e a total falta de interese do goberno local por atender as necesidades actuais dos veciños”; así coma “a total carencia de proxecto para desenvolver o futuro de Vilalba por parte do goberno socialista”. Así o manifesta a voceira, Sandra Vázquez, tralo pleno celebrado este xoves no que o PSOE […]

Leer más
1 2 3 4