A presión veciñal e a información achegada por colectivos medioambientais paran o proxecto de Greenalia en Baltar, Calvos de Randín e Os Blancos

A primeira pata do macrocomplexo eólico do proxecto fragmentado (Lamas de Feás + Lamas II) obtén DIA desfavorábel, co que se frea tamén a LAT que Greenalia pretende construír ao longo de 42 quilómetros nos concellos de Calvos, Porqueira, Bande, Verea, Celanova, Quintela, Pontedeva e Padrenda

Leer más

800 alegacións contra os macroeólicos de Greenalia en Pena Loba

Malia as datas, veciñas e veciños dos Blancos, Baltar e Calvos de Randín —os tres concellos ameazados polos plans de Greenalia— , xunto coa plataforma STOP EÓLICOS XURÉS CELANOVA, conseguiron reunir en apenas un mes máis de 800 alegacións contra o macropolígono Lamas II, que se suman ás máis de 1.500 que se presentaron contra o proxecto Lamas de Feás a pasada […]

Leer más

O complexo Mistral-Tramontana completa a destrución paisaxística da Serra do Larouco

Unha empresa tapadeira con sede en Cádiz e que non desenvolve proxectos eólicos propios saca a exposición pública unha macro central dividida en dous proxectos idénticos con 15 aeroxeradores de 150 metros de altura e dúas subestacións que evacuarían a enerxía a través dunha LAT sobre o Val do Salas até Mugueimes (Muíños)

Leer más

Stop Eólicos Xurés Celanova enfronta outros dous proxectos de Greenalia que ameazan o medio e ás poboacións de dez concellos

A plataforma Stop Eólicos Xurés Celanova  disporá mañá durante a feira semanal en Celanova (si o tempo o permite) unha mesa de recollida de alegacións contra 2 proxectos de Greenalia que amplían a invasión eólica do suroeste ourensán entre o Larouco-Xurés e o Laboreiro. O próximo luns, día de feira en Xinzo, ten a intención de repetir a mesma acción na última semana […]

Leer más
1 2