Acampa entrega mañá os seus recoñecementos á Defensa dos Dereitos Humanos

Recibirán a peza que simboliza este Recoñecemento, creada pola escultora Pilar Subías, o MST de Brasil, organización sobre a que recaeu na súa versión internacional e o incombustible activista coruñés Nicanor Acosta, destinatario del na categoría local

Leer más

Acampa aborda mañá os binomios espolio/violencia e xornalismo/compromiso social coa activista congolesa Julienne Lusenge e a xornalista Rosa María Calaf

Lusenge expoñerá as consecuencias que ten para o seu país ser un dos principais produtores dos minerais imprescindibles para fabricar aparellos tecnolóxicos de uso masivo: computadores, baterías, teléfonos móbiles…. Unha riqueza que está a ser saqueada a esgalla polas principais potencias mundiais. Rosa María Calaf, estivo ligada á actualidade internacional durante máis dun cuarto de século como correspondente e enviada […]

Leer más

A lideresa indíxena brasileira Luana Kaingang e o autor de «Colapso», Carlos Taibo, protagonizan mañá o acto central do V Encontro Internacional Acampa A Coruña

Luana Kaingang falará de «a loita pola vida» das comunidades orixinarias do seu país fronte ao espolio de terras e recursos pola agricultura, a gandeiría e a minería intensivas, e Carlos Taibo das consecuencias do crecemento e o consumo desaforados e a aposta polo «decrecemento» como solución á crise climática

Leer más