Vilalba Aberta levará a Pleno “o incumprimento do Goberno co comedor da escola infantil”

Vilalba Aberta vén de anunciar que esixirá responsabilidades, en relación cos “continuados incumprimentos” do equipo de goberno municipal ao respecto do prometido ás nais e pais da Escola de Educación Infantil de Vilalba. Unha nova interpelación que se tramitará pola vía dunha moción de urxencia que, ademais de requirir a comparecencia en Pleno da Alcaldesa, ten como obxectivo último o […]

Leer más

María Xosé Fernández Pardo (Vilalba Aberta). “Este é o goberno da parálise municipal”

Vilalba foi un pobo que ata as eleccións municipais do 2019 estivo gobernada polo Partido Popular en todo o tempo que levamos en democracia, pero tralas pasadas eleccións pasou a ser gobernada por unha coalición de PSOE e Vilalba Aberta, na que estes últimos agora xa non pertencen ao grupo de goberno, sendo os primeiros os que sí o fan […]

Leer más

Vilalba Aberta pregunta pola devolución das cotas da piscina e das Escolas Deportivas e teatro

Vilalba Aberta vén de presentar a súa primeira iniciativa de cara á vindeira sesión ordinaria de Novembro. O obxectivo da formación é que o equipo de goberno dea conta da situación na que se atopa o proceso de devolución proporcional, por servizos non prestados, das cotas mensuais da Piscina Municipal, das Escolas Deportivas, así como das da Escola Municipal de […]

Leer más

Vilalba Aberta propón a ordenacion das actuacions sobre as pistas das Parroquias fronte a ineficacia da “politica de rabacheo”

Vilalba Aberta segue a presentar iniciativas de cara á vindeira sesión ordinaria de Setembro. Un Pleno, a celebrar o vindeiro xoves día 1 e no que, tal e como apuntan dende a formación, “as problemáticas das parroquias volverán estar presentes a iniciativa de Vilalba Aberta”, logo das múltiples queixas e denuncias veciñais en relación ás deficientes actuacións do Goberno Municipal […]

Leer más

Vilalba Aberta vén de rexistrar unha nova iniciativa de cara ao vindeiro Pleno Ordinario de Setembro

Unha proposición, que o voceiro municipal da formación, Modesto Renda, anunciou xa que defenderá acompañada dunha interpelación á Alcaldesa e ao voceiro e ex alcalde do PP de Vilalba, Agustín Baamonde, en relación co destino das subvencións para a renovación e supresión das redes aéreas na zona delimitada coma de “Rehabilitación Integral” (ARI) do casco antigo, dende o ano 2011.

Leer más

Vilalba Aberta recrimina ao PSOE que inicie “capada ” a súa proposta de reordenación urbana saltándose o acordado en pleno

Vilalba Aberta volveu este xoves á sede da Asociación de Empresarios Sete Pontes, logo da súa xuntanza do pasado luns co comercio asociado. O motivo, un novo encontro, desta volta coa representación da súa sección de hostalería, a fin de escoitar e recoller de primeira man as problemáticas do sector, así como as que, nomeadamente, este está a ter co […]

Leer más

Vilalba Aberta reúnese co Comercio Asociado e lamenta o “desleixo do goberno do PSOE co sector”

O Grupo Municipal de Vilalba Aberta reuniuse na tarde de onte cunha representación do comercio asociado, co fin de “escoitar e analizar polo miúdo” as problemáticas do sector co Concello dende que se consumara a ruptura do pacto de Goberno, co unilateral cese por parte da Alcaldía de Modesto Renda, coma concelleiro de goberno delegado nas áreas de Comercio e […]

Leer más

Vilalba Aberta fai posible por cuarto ano consecutivo a celebración do Orgullo LGTBI no concello

Tres anos despois de que a veciñanza vilalbesa desbordase as previsións da primeira convocatoria de Vilalba Aberta, con motivo do Día Internacional do Orgullo LGBTI; a formación asemblearia vén de anunciar a súa vontade de dar continuación ás convocatorias de 2017, 2018 e 2019, coa organización do que será xa o IV Orgullo LGTBI da historia do Concello de Vilalba

Leer más
1 2 3