Francisco Conde: “Lugo necesita en España as políticas económicas do PP, que presenta un programa rigoroso para a industria e o emprego”

por Redacción Lugo

Os candidatos populares ao Congreso e ao Senado, xunto coa presidenta provincial do PP, Elena Candia, mantiveron esta mañá unha reunión con empresarios en Los Robles

  • O cabeza de lista popular ao Congreso por Lugo lembrou que o programa electoral presentado por Feijóo inclúe 365 medidas para a reconstrución económica, social e institucional, a aplicar mediante grandes pactos de Estado tras escoitar á sociedade, ao tecido industrial, ás pemes e aos autónomos

  • Conde destacou catro grandes obxectivos do PP para España en materia económica: impulso dunha economía baseada no talento, na innovación e no coñecemento; creación de emprego de calidade para todos; control do déficit e da débeda e redución da presión fiscal; e reindustrialización da economía, facendo un mellor uso dos fondos europeos

  • Xosé Manuel Barreiro dixo que o Goberno de Pedro Sánchez hipotecou o futuro de España e lembrou que na década de 2030 o pago dos intereses vai estar no entorno dos 60.000 millóns de euros, un 6% do PIB; «só con medidas como as propostas por Feijóo se pode levantar tan pesada hipoteca», indicou

  • A campaña estará centrada nas rúas: un proxecto de país centrado nas persoas e nunha economía competitiva

 /></p></div><div class=

Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario