Galicia rexistra un total de 3.476 casos infectados por coronavirus. 79 fallecidos y 168 altas

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos de coronavirus en Galicia ascende a 3.476, deles 807 son da área da Coruña, 289 da de Lugo, 479 da de Ourense, 348 da de Pontevedra, 866 da área de Vigo, 529 da de Santiago, e 158 da de Ferrol. Leer más

Estudiantes de último año de los grados de Medicina y Enfermería se incorporarán al sistema sanitario vasco para luchar contra el coronavirus

Ante la apremiante necesidad de profesionales en el sistema sanitario para luchar contra la pandemia del coronavirus, la Universidad del País Vasco/Euskal Herriko Unibertsitatea y el Departamento de Salud del Gobierno Vasco han llegado a un acuerdo para facilitar la inserción en el sistema de estudiantes de último curso de los grados de Medicina y Enfermería. Leer más

FeSP-UGT: ” Están a enviar material de protección COVID-19 aos Servizos de axuda no Fogar que non está homologado”

FeSP-UGT-Galicia denuncia que se está a enviar material de protección contra o COVID-19 (luvas, gafas, batas, máscaras…) aos concellos que non está homologado. Por iso, o Sindicato advirte ás empresas e persoal que prestan servizos de atención ás persoas especialmente vulnerables ao contaxio por COVID-19, como sucede no Servizo de Axuda no Fogar (SAF), que este material non debería ser utilizado porque pode non protexer adecuadamente de enfermidades infecto-contaxiosas.

Así, o responsable de Sanidade, Servizos Sociosanitarios e Dependencia de FeSP-UGT, Javier Martínez Fente, dá a voz de alerta despois de que varios concellos anunciaran que están a distribuír este material entre o persoal do SAF “aínda que non sexa o mellor material do mundo”, segundo admitiron varios alcaldes e alcaldesas. A este respecto lembra que a cualificación como EPI só é posible cando existe homologación do produto e selo que certifica o control da produción.

Martínez Fente cualifica como unha grave irresponsabilidade a distribución deste tipo de material, dado que pon en perigo aos maiores que reciben atención a través do SAF. Ao seu xuízo, uns equipos que non son de uso sanitario e carecen de homologación e, por tanto, non protexen contra o contaxio vírico, non deberían ser utilizados por ninguén. “Entregar este tipo de máscaras, luvas e monos de protección dá unha falsa sensación de seguridade e pode propiciar situacións de contacto que noutras condicións non se darían, axudando así á propagación do virus”.

Fotografía Galiciapress

Sanidade amplía a todas as especialidades médicas e de enfermería os contratos de residentes de último ano de formación

O Diario Oficial de Galicia publica, na súa edición de hoxe, a Orde da Consellería de Sanidade, pola que se autoriza a encomenda aos profesionais sanitarios de último ano de formación das restantes especialidades do exercicio provisional das funcións de facultativo adxunto especialista, enfermeiro especialista ou categoría profesional a que os habilite durante a crise sanitaria provocada polo Coronavirus.

Nunha primeira Orde do pasado día 25, Sanidade establecía a prórroga da contratación de residentes en último ano de formación tal como esixe a norma estatal, das especialidades de: Xeriatría, Medicina do Traballo, Medicina Familiar e Comunitaria; Medicina Intensiva; Medicina Interna; Medicina Preventiva e Saúde Pública; Pneumoloxía; Pediatría e as súas áreas específicas; Radiodiagnóstico; Microbioloxía e Parasitoloxía; Anestesioloxía e Reanimación; Enfermería do Traballo; Enfermería Familiar e Comunitaria; Enfermería Xeriátrica e Enfermería Pediátrica.

Por tanto, coa Orde hoxe publicada, o departamento sanitario galego amplia esta medida a todas as especialidades das profesións sanitarias.

Coa orde do día 25 ampliábase os contratos de 160 médicos residentes e 31 enfermeiros residentes que están no último ano de formación, e coa Orde publicada hoxe, amplíase os contratos de 145 facultativos máis (médicos, farmacéuticos, psicólogos e radiofísicos) ademais doutros 22 profesionais de enfermería.

Así, entre os dous procesos, o Goberno galego sumará 358 profesionais aos máis de 39.000 que xa ten no seu cadro de persoal o Servizo Galego de Saúde.

O departamento que dirixe Jesús Vázquez Almuiña recoñecerá a estes profesionais sanitarios de último ano de formación as percepcións económicas da categoría profesional correspondente durante o tempo que desempeñen as ditas funcións, así como promoverá a valoración dos servizos prestados na citada categoría/especialidade nos procesos selectivos e de provisión de postos dentro do Sistema público de saúde de Galicia.

Esta iniciativa adóptase co fin de contribuír á correcta prestación asistencial, especialmente para a asistencia de pacientes COVID 19, e durará en función das necesidades asistenciais derivadas da evolución da crise sanitaria e do que dispoña a normativa estatal.

1 2 3 70