ABANCA. As políticas de igualdade son recoñecidas pola Fundación Adecco

por Redacción Galicia

As políticas de igualdade de ABANCA foron recoñecidas como “Mejor práctica para la transformación cultural en Diversidad e Inclusión” na sexta edición dos Premios a la Diversidad e Inclusión que concede a Fundación Adecco, xunto co Club de Excelencia en Sostenibilidad. O fallo deste galardón deuse a coñecer esta mañá nun acto celebrado no Círculo de Belas Artes de Madrid e no acto de entrega do premio participaron a directora xeral de Capital Humano de ABANCA, María Camino, e a xerente de Capacitación do banco, Silvia Mourino.

O xurado dos Premios a la Diversidad e Inclusión valorou positivamente a determinación de ABANCA por «poñer en marcha accións de sensibilización e concienciación que contribúan a reducir os prexuízos inconscientes». Con este galardón, ABANCA consolida o traballo dos últimos dous anos en materia de igualdade e ve recoñecido o seu compromiso coas accións que buscan un acceso máis equitativo ás oportunidades laborais dentro do banco.

 /><figcaption id=De esquerda a dereita, a directora xeral de Capital Humano de ABANCA, María Camino, e a xerente de Capacitación do banco, Silvia Mourino.

A entidade financeira centrou os seus esforzos na igualdade e a diversidade a través do seu programa ABANCA Iguales. Creado en 2022 ao abeiro do “Plan de Igualdade de Trato e Oportunidades”, consensuado coa maioría da representación legal do persoal, trátase dunha proposta formativa dinámica e adaptada ás expectativas de cada persoa. Nas súas dúas tempadas, permitiu que o debate xire en torno a diferentes materiais audiovisuais e diversos encontros con profesionais especializados na inclusión. Todo iso coa única idea de reflexionar sobre ideas preconcibidas para avanzar na construción dunha entidade máis inclusiva e equitativa.

Este premio consolida a ABANCA como unha das empresas máis comprometidas co talento diverso e corrobora o éxito das accións dirixidas a promover a igualdade de oportunidades no ámbito laboral.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario