A Escola Basket Xiria presentou a inscrición e aval correspondente para volver a competir en Liga EBA, para así disputar a vindeira tempada a competición estatal
O martes 18 a Secretaría Xeral da Federación Española de Baloncesto comunicou á Escola Basket Xiria, que unha vez revisada a documentación presentada para a inscrición do CALVO BASKET XIRIA e comprobado por parte da Comisión Delegada que se cumpriron tódolos requisitos esixidos polo Regulamento Xeral e de Competicións, informase que o citado equipo queda inscrito na LIGA EBA CONFERENCIA «A» para a tempada 2023/2024.
Trala inscrición e depósito do aval ante a Federación Galega de Baloncesto (FEGABA), o pasado martes 11/07, a Escola Basket Xiria iniciaba así o procedo de inscrición, por novena tempada en Liga EBA. Trala voa actuación do equipo de Héctor Méndez a tempada pasada, rematando en oitava posición e conservando a praza por mérito propio, ao que se suma o subcampionato da Copa Galicia EBA, o equipo carballés iniciará unha nova andadura nunha competición estatal organizada pola Federación Española de Baloncesto (FEB).
Nesta tempada a Conferencia “A” da LIGA EBA estará formada por 28 equipos, divididos en 2 subgrupos (A e B), sendo o “Grupo B” asignado ao CALVO BASKET XIRIA e resto de equipos galegos (Obradoiro Ames, CB Chantada, CB Marín Peixegalego, Bosco Ourense, Estudiantes Lugo e CB Culleredo -estes dous últimos recen ascendidos-), que previsiblemente estará composta por equipos de Asturias e Castela León. A competición comezará o primeiro fin de semana de Outubro, sendo a primeira xornada o 01/10/2023. En breve saberemos o calendario final.
Foto portada: Imagen de master1305 en Freepik