- O goberno local xustifica que Lugo non se adheriu ainda ao VioGén porque “hai que falar con moitas administracións”
- Estamos no mesmo punto que hai CATRO anos cando se aprobou a primeira proposición do Grupo Popular, en 2019, para sumarse a este protocolo contra o maltrado ás mulleres. Unha iniciativa que o Grupo Popular reiterou en 2020.
- Cremos que pasou tempo máis que suficiente para ter feito as tramitacións nun tema tan sensible como é a violencia de xénero.
- Tamén é lamentable que o goberno local sega sen tramitar a incorporación á Rede Galega de Municipios contra a violencia de xénero.
- Teñen o respaldo de toda a corporación, cunha proposición do PP aprobada por unanimidade en 2017, e a estas alturas se conforman con dicir que “están nelo e que a súa intención e adherise”
MANTEMENTO INSTALACIÓNS DEPORTIVAS
- Cero rotundo ao goberno local polo mantemento en zonas deportivas. Pedimos o arranxo das pistas da Praza Viana do Castelo e a contestación do goberno local é que “están nelo” cando, a estas alturas do verán, deberían estar en perfecto estado de revista xa que teñen máis uso.