Os deputados populares denuncian que nos primeiros cinco meses de 2023 o goberno provincial aprobou en xunta de goberno 58 convenios de colaboración, sendo 44 deles con municipios con alcaldes do PSOE, 11 para municipios con alcaldes do BNG e 3 con municipios liderados por independentes, por un importe de 10.533.037,49€
· No Grupo Popular denuncian que Tomé negouse unha vez máis a realizar un reparto igualitario dos medios do parque móbil provincial, beneficiando a municipios gobernados por PSOE e BNG, mantendo outros catro anos máis un equipo permanente en Monforte
· Os populares confirmaron hoxe que o goberno provincial segue instalado na opacidade ao negarse a constituír a comisión de queixas, suxestións e reclamacións que figura no artigo 74 do Regulamento Orgánico da Deputación de Lugo, publicado no BOP o 3 de setembro de 2020, negándose a escoitar aos veciños da provincia e a dar información transparente ao Grupo Popular
· Os populares critican a decisión de PSOE e BNG de crear na Deputación de Lugo ‘Tribunal administrativo de recursos contractuais da Deputación Provincial de Lugo’, duplicando as funcións do Tacgal, supoñendo un importante custo económico para as arcas provinciais e sen aclarar a organización do mesmo, podendo ser unha nova axencia de colocación de afíns