O Campo da Feira de Carral convértese nunha festa da fotografía

por Redacción A Coruña

Este venres ás 20 horas entréganse os premios da V Edición do Concurso Fotográfico Manuel Ferrol

O Campo da Feira de Carral acolle este venres 28 de xullo unha serie de actividades que farán disfrutar a calquera persoa afeccioada á fotografía.

Dende ás 8 da tarde, con acceso libre, poderase pasear vendo a exposición fotográfica que recolle una selección de imaxes recibidas na V Edición do Concurso Fotográfico Manuel Ferrol que organiza a Asociación Cultural Cultura Aberta.

O xurado, formado por profesionais da fotografía, seleccionou nesta edición tres obras gañadoras e unha Mención Especial. O primeiro premio, dotado con 600 euros, foi para a imaxe «Realidades III» de Juan Ángel Donaire. O seguno levouno a fotografía titulada «Casa lagoa» de Esther López e o terceiro «Desparasitación» de Salvador Linares. Obras moi diferentes en temática pero sempre co espíritu da obra de Manuel Ferrol moi presente. Finalmente, a mención especial foi para a colección de imaxes «Lisa, la estudiante refugiada» de Antonio Pérez.

No mesmo acto de mañá, a asociación Cultura Aberta lanza a VI Edición do seu concurso dando un salto cuantitativo xa que o primeiro premio será de 1.000 euros, o segundo de 400 e o terceiro de 200 euros, contando coa colaboración da Deputación da Coruña. O obxectivo de consolidar o concurso e facelo máis atractivo para as miles e miles de persoas que teñen a fotografía como unha afección importante nas suas vidas, vese respaldado por este incremento nos premios. As bases completas poden consultarse na web www.culturaberta.gal

Para pechar o acto, poderase visionar unha proxección do documental «Cardoña fotos a 7 pesetas», inédito ainda na localidade, dirixido por Carlos Lorenzo. Recolle a historia de Cardoña, de nome real José Gestal, un fotógrafo que percorría as vilas galegas retratando as persoas coas que se ía atopando e tentando de venderlle as imaxes nunha visita posterior. Centos de veciñas e veciños de Carral foron retratados por Cardoña na época na que case non existían cámaras fotográficas nas casas. Hoxe en día teñen as fotos de Cardoña como lembranza dos seus famililares.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario