O viceportavoz Enrique Rozas e a concelleira Mar Carballas denuncian o mal estado que presenta unha das obras insignia do BNG na cidade de Lugo xa que unha vez feitas as obras “non realizan ningún tipo de mantemento nin de coidado nas zonas verdes”
“Humanizar e embelecer a cidade, creando espazos útiles para as persoas”. Esta era a premisa coa que o BNG, en período electoral, presentaba as obras da Rúa Gallego Tato, instando aos lucenses a ter en conta esta clase de proxectos á hora de votar.
Enrique Rozas explica que estamos “ante unha nova proba do engano electoral ao que o BNG e o PSOE nos teñen acostumados, xa que pasados os comicios, estes espazos quedan no esquecemento e pasan a converterse na imaxe do abandono”.
Parte da xestión municipal debería ser deseñar entornos que despois se podan manter no tempo, e non só buscar escenarios propicios para unha foto puntual.