Ameijide advirte a Tomé que non vai a consentir “as súas actitudes ditatoriais” tras negar aos deputados populares o acceso ao Centrad e Santa María

por Redacción Lugo

Antonio Ameijide e Carmen José López, voceiro e vicevoceira do Grupo Provincial Popular, seguen a realizar as visitas a todos os departamentos da Deputación de Lugo para poñerse a disposición dos traballadores

Os deputados provinciais do Partido Popular denuncian que José Tomé negou ao PP o acceso ás instalacións do Centrad e do Fogar de Santa María, baseando esta denegación de entrada en “motivos de seguridade polas obras de acondicionamento do aparcadoiro” que se están a desenvolver, motivo polo que Antonio Ameijide pregunta ao presidente provincial “por que permite que os traballadores acudan cada día ao seu posto de traballo sendo a zona tan perigosa como argumenta, en lugar de implantar o teletraballo para garantir a súa seguridade”. “Por que non nos deixa entrar? Que ten que agochar?”, afirmou.

Unha denuncia que se realiza despois de que tanto Antonio Ameijide como Carmen José López, voceiro e vicevoceira do Grupo Provincial Popular, comunicasen por escrito ao goberno provincial a súa intención de seguir co seu calendario de visitas ás dependencias da Deputación Provincial de Lugo presentarse a todos os traballadores e poñerse a súa disposición para todo o que precisen e recordan que “tan perigoso non debe ser este entorno cando hai uns 10 días centos de lucenses acudiron a este edificio a votar nas eleccións xerais”.

Antonio Ameijide afirma que “se está é a boa vontade que aseguraba ía ter o presidente provincial co Grupo Provincial Popular, nós non imos ter ningún tipo de medo e se seguen por este camiño PSOE e BNG poremos a situación en coñecemento da Valedora do Pobo, ademais de emprender as accións legais oportunas para garantir os dereitos que temos como deputados provinciais”.

Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario