41 rapaces laracheses participan no campamento deportivo de Cotobade

por Redacción A Coruña

Esta proposta é unha das novidades principais do programa municipal de verán

Hoxe remata o campamento deportivo organizado polo Concello e que se está a realizar no parque multiaventura Rías Baixas “Atalaia” da localidade pontevedresa de Cotobade.

Desde o luns un total de corenta e un rapaces laracheses de idades comprendidas entre os 13 e os 18 anos -acompañados en todo momento por monitores especializados- están a realizar moi diversas actividades deportivas como kaiak, escalada  en rocódromo, hípica, tiro con arco, rastrexo, tirolina, paintball e escape room, entre outras.

Esta proposta é unha das principais novidades do programa municipal de actividades de verán que organiza o Concello durante os meses de xullo e agosto cos obxectivos principais de optimizar o tempo de ocio dos rapaces e facilitar a conciliación da vida persoal e laboral dos seus familiares durante as vacacións estivais nos centros de ensino.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario