Álex Bergantiños, un dos grandes capitáns na historia do Dépor, disputará este sábado 5 de agosto, con motivo da LXXVIII do Trofeo Teresa Herrera ante o Red Bull Bragantino (19:30 horas), os seus últimos minutos vestido coa camiseta branquiazul.s
Desta forma, o mediocentro coruñés, agora membro do Consello de Administración do RC Deportivo, recibirá o agarimo e o recoñecemento de #ANOSAFORZA na súa retirada do fútbol despois de 336 partidos oficiais, que o converten no noveno xogador que máis veces vestiu a camiseta branquiazul ao longo da historia.
O decano dos torneos estivais arrincará co recordo de Luis Suárez, outro coruñés e deportivista universal, recentemente falecido, polo que se gardará un minuto de silencio.
Como broche de ouro dunha emocionante tarde en ABANCA-RIAZOR, Bebeto e Mauro Silva, dúas lendas deportivistas, poderán comprobar o enorme agarimo que #ANOSAFORZA profésalles despois de tantas tardes de gloria por España e Europa defendendo a camiseta branquiazul; sendo ademais os dous únicos futbolistas na historia do Dépor que foron campións do mundo mentres xogaban na Coruña.