.O Concello de Lugo, tras numerosas promesas, segue sen dar unha solución ao grave problema de aparcamento que sofre o barrio de As Fontiñas e a súa contorna.
- Xa no ano 2017 a alcaldesa anunciaba que “Lugo es el impulso de su gente, y por eso respondemos a sus necesidades, mostrándonos del lado de sus demandas. La única meta de este gobierno, es hacer de Lugo una ciudad más amable, más amiga y sobre todo, una ciudad inclusiva”. Todo esto tras informar que o Concello de Lugo dispón de preto de 12.000 metros cadrados nas inmedidacións de Fontiñas, Piringalla ou San Roque, todos eles barrios cunha alta demanda de prazas de aparcamento e que seis anos despois seguen sen ver solucións a unha situación que lonxe de solventarse cada vez está máis acentuada
- O Concello de Lugo dispón de parcelas na Rúa Primavera que cunha pequena inversión poderían albergar un aparcadoiro disuasorio. De feito, xa están sendo empregadas por parte dos veciños con esta finalidade, pero sen estar dotadas das condicións óptimas para o mesmo. Compre eliminar a edificación que existe nas mesmas e acondicionar os terreos para que podan dar este servicio con todas as garantías
- A configuración actual da vía e a situación dos colectores do lixo supoñen un risco para a seguridade dos usuarios, xa que estos equipamentos limitan a visibilidade dos peóns e dos conductores. Cabe salientar que o novo modelo ten un maior tamaño polo que a barreira visual que establecen é maior, algo que se debe ter en conta á hora de situalos, xa que en algúns casos non poderán ocupar o mesmo espazo que ocupaban os anteriores, de menor tamaño e polo tanto, menor impacto visual
- O Grupo Municipal Popular presentará unha iniciativa en comisión para que se modifique a ubicación dos mesmos a zonas máis alonxadas dos pasos peonís, para garantir a visibilidade e a seguridade dos usuarios da vía