Allariz. XXXIII regata provincial de piragüismo Festa da Empanada

por Redacción Ourense

Ao carón do río Arnoia a seu paso por Allariz foi presentada a  XXXIII regata provincial de piragüismo Festa da Empanada puntuable para a Copa Deputación 2023 que se celebrará na maña do domingo 20 de agosto, e que nesta edición e o Campionato Provincial de piragüismo. Contou coa presenza da Alcaldesa Cristina Cid o concelleiro de deportes Juan Carlos Puga, o delegado provincial da federación galega de piragüismo José Manuel Fernández, o monitor do club Fluvial Allariz Lukas Lemos, así como unha ampla representación de piragüistas alaricanos que participaran na regata. 

Cristina Cid, destacou as boas condicións que reúne o río Arnoia a seu paso por Allariz para a práctica do piragüismo, e reseñou que esta e unha das moitas actividades que se veñen facendo durante todo o ano na Vila, animando a cidadanía a desfrutar deste evento deportivo e da Vila con responsabilidade e “sentidiño”.

Juan Carlos Puga puxo en valor todo o conxunto de actividades que se van celebrar dende este venres ao domingo, con motivo da Festa da Empanada, onde a regata de piragüismo destaca pola súa tradición entre as moitas actividades programadas polo Concello de Allariz.

 />Pola súa parte o delegado federativo informou que esta e a 3º regata provincial que forma parte da copa Deputación de piragüismo 2023 na que hai inscritos 130 deportistas (73 homes e 57 mulleres), onde as categorías pre-benxamín, benxamín e alevín percorrerán unha distancia de 1.000m, os infantís terán un percorrido de 2.000m e os cadetes, competirán nunha distancia de 4.000m. Estando previsto o inicio da competición as 11:00 da maña deste domingo 20 de agosto.</p><p>O monitor do club Lukas Lemos destacou o feito de que este ano se cumpra o 33 aniversario desta regata, que fa que sexa a decana da copa Deputación de Ourense, e que ademais este ano será o campionato provincial de piragüismo.</p></div><div class=

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario