O Deportivo regresou esta mañá aos adestramentos en Abegondo co cadro dividido en dous grupos.
Os futbolistas titulares onte no Toralín de Ponferrada fixeron un quecemento co grupo e retiráronse posteriormente ao ximnasio para seguir con tarefas de recuperación física.
Para os demais, fóra de Yeremay e Paris Adot, que seguen con adestramento personalizado, a sesión foi máis intensa, con finalizacións e fútbol en espazo reducido.
Tal e como subliñou onte Mikel Balenziaga en zona mixta, Imanol Idiakez aproveita cada adestramento, cada amigable para «ver cousas, sistemas diferentes e comprobar con que sistema está máis cómodo o equipo, para ver que lle vén ben ao equipo».
Mella, Jairo, Martín Ochoa, Diego Gómez, Marc e Nájera representaron a #ANOSACANTEIRA esta mañá.
Mañá xoves, o equipo adestrarase a partir das 10:30, con almorzo xa na instalación a partir das 8:30 horas.
A próxima cita, última da #DéporXiraAugadeParada, será o sábado 19 de agosto ás 19:30 en Ou Espiñedo ante o CD Arenteiro, tamén de Primera Federación.