O PP insiste en recuperar a Casona do Incio, «abandonada dende fai máis de 16 anos polos gobernos provinciais do PSOE e BNG»

por Redacción Lugo

O portavoz e a viceportavoz provinciais, Antonio Ameijide e Carmen José López, visitaron o concello do Incio acompañados polo alcalde, Héctor Corujo

  • «Os tellados deste inmoble propiedade da Deputación Provincial están practicamente caídos na súa totalidade e está en risco a propia estrutura do inmoble e pon en risco incluso aos veciños que pasen polo entorno», polo que urxe rehabilitar esta emblemática construción que o Partido Popular sempre defendeu en consonancia cos veciños

  • Ameijide lembra que «os fondos que Suplusa deixou á Deputación trala súa extinción -máis de 4,3 millóns de euros- deberían empregarse en poñer en valor o patrimonio e cumprir cos convenios asinados cos Concellos, coma o do 2006 co do Incio para a rehabilitación da Casona e que esta poida ser desfrutada polos veciños e visitantes»

  • A Casona do Incio é outro exemplo máis do total abandono dende o bigoberno provincial aos concellos que non gobernan nin PSOE nin BNG. Ademais non só se está abandonando o patrimonio de toda a provincia, senón que expoñen á Deputación Provincial a ter que asumir multas coercitivas ou unha execución subsidiaria pola desidia de José Tomé e o seu goberno.

  • O popular destaca os proxectos do goberno local do PP para a mellora de espazo no Incio e condena «a falta de colaboración» do goberno provincial que deixa claro «o seu pouco interese en impulsar aos pequenos concellos do rural da provincia»

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario