O Partido Popular desvela que “no mes de novembro caduca o contrato coa empresa á que o goberno bipartito lle adxudicou, en outubro de 2020, a reparación das incidencias que se detecten nas canalizacións de distribución da auga potable polas noites , en fins de semana e festivos”
- Os populares preguntan a PSOE e BNG se van dar continuidade a este modelo “que se presentou como provisional” e temen que “unha medida improvisada, que se xustificou para un breve espazo de tempo, poida converterse en permanente”
- A advertencia dos populares invita a reflexionar sobre como ten previsto, o bipartito de Lugo, encamiñar esta prestación “descoñecemos se a súa intención é cubrir vacantes como pedimos recuperando a brigada municipal ou se van a sacar un novo contrato cunhas condicións que se adapten á realidade de Lugo”
PROPOSTA
- A proposta do PP é reforzar co persoal necesario a brigada municipal de auga «por un lado sería máis económico que externalizar o servizo e, por outro lado, garantiría unha maior eficacia nas reparacións das fugas xa que na práctica, hoxe por hoxe, ainda que haxa o servizo de 24 horas unha alta porcentaxe das incidencias as acaba solucionando a brigada municipal
- Os populares lamentan que a veciñanza teña que sufrir as consecuencias das malas decisións de socialistas e nacionalistas xa que os retrasos na maior parte das reparacións son por falta de medios (a empresa carece da maquinaria e dos recambios que se precisan) así como polas dificultades á hora de localizar as fugas
MALAS DECISIÓNS QUE CUSTAN DISGUSTOS AOS LUCENSES
- “Esta situación é froito do desmantelamento paulatino dun servizo municipal que funcionaba e daba unha prestación óptima á veciñanza”
- “Resulta paradóxico o discurso do progresismo do bipartito cando en Lugo se dedica a privatizar de forma inxustificada” engadindo que “Méndez e Arroxo prefiren esta fórmula para asacar adiante os traballos extraordinarios antes que reorganizar o servizo municipal e pagar horas extra a actual plantilla”
INVESTIMENTO RENOVACIÓN TUBAXES
- Os populares tamén aproveitaron para pedir que o bipartito dé exemplo e que “ao igual que nos pide á cidadanía un esforzo para aforrar auga neste momento de sequía debería facer un investimento ambicioso nas tubaxes para mellorar o servizo e rebaixar as incidencias de fugas de auga”
- “O millón de euros do que presumiu a alcaldesa que gastou en oito anos para renovación das canalizacións de auga potable resulta unha cifra moi humilde se temos en conta que para o grupo da Paz destina 600.000 € os restantes 400.000 € teríamos que dividilos en 8 anualidades”
- Dende o PP lembran como o subministro de auga potable é un servizo de competencia exclusiva dos concellos, que deben prestar obrigatoriamente nos domicilios situados en zonas urbanizadas a todos os inmoebles construidos legalmente