O Grupo Popular pide ao equipo de goberno «máis talante á hora de encaixar as críticas» e reivindica «como oposición responsable a obriga de denunciar cuestións que redundan no funcionamento do Concello»
· O PP insiste en que a suspensión dun órgano vital, como é a Xunta de Goberno, porque non hai asuntos a tratar «é dunha gravidade importante disfrácese como se queira»
· É lamentable que aínda que arrancou un novo mandato se manteñen as mesmas fórmulas de traballo, e que para maquillar cifras recurren a sumar como trámites urbanísticos, cuestións como comunicacións previas de obras (1)
· Os populares cren que «comparar este tipo de trámites urbanísticos con licenzas de obra maior non é de recibo xa que se trata dun documento simple no que se informa ao Concello da modificación ou do inicio dalgunhas obras
· Nese senso aclaran que «no que levamos de verán se resolveron 39 licenzas de obra maior, unha cantidade ridícula se pensamos nas case 800 que están gardadas nun caixón con nomes e apelidos e cunha historia vital detrás»
· A preocupación do Partido Popular está moi clara «queremos que se faga o que queda sen facer e para iso precisamos un concello áxil e dinámico» polo que indican que «seguirán facendo públicas aquelas actuacións que consideremos poidan ser útiles para mellorar o funcionamento do Concello»