O RC Deportivo reorganizou a súa estrutura neste inicio da temporada 2023-24, na que se combinaron novas incorporacións coa promoción e a aposta por empregados cunha ampla bagaxe e experiencia dentro do Club.
O Club realizou diversos cambios na oganización para mellorar a eficacia en todas as áreas de traballo e engadiu novas áreas, como Operacións, Asuntos Legais e Capital Humano. Igualmente, procedeu á reactivación do SARF para traballar de forma transversal en todas as áreas e equipos.