O primeiro Campionato de Galicia de Pump Track outorgou 18 títulos en Mondariz

por Redacción Deportes

O evento bateu o récord autonómico de participación nesta especialidade ao reunir a 130 riders

O verán da estrea do Pump Track como especialidade federada na nosa comunidade está sendo un éxito. Despois de celebrarse dous eventos da Copa Galicia, o pasado sábado a localidade pontevedresa de  Mondariz acolleu a gran cita do calendario. Cunha inscrición récord a nivel autonómico, ao alcanzar os 130 participantes, a primeira edición do Campionato de Galicia coroou a dezaoito riders.

A actividade resultou frenética ao longo da semana. Un non parar de corredoras e corredores adestrando nun circuíto construído e asfaltado hai dous anos. Aínda que todas as instalacións se atopan en obras para albergar o futuro Complexo de Deportes Urbanos de Mondariz, o Club Pontebike Team e Sportskids conseguiron que os traballos que se están a realizar non afectasen á proba e prepararon a mesma como sempre fan, coidando todos os detalles. O tempo non acompañou e o Campionato de Galicia Pump Track – II Pumptrack Nocturno Mondariz estivo a piques de suspenderse pola chuvia, pero grazas á boa organización e á colaboración de todos os clubs, participantes, ambulancia, Protección Civil … a competición conseguiu saír adiante e resultou un verdadeiro espectáculo.

Cada rider saíu dúas veces a escena e a mellor actuación da xornada protagonizouna o sub23 Sergio Veiga (CiclosQuintena) ao deter o reloxo na súa primeira quenda en 15 segundos e 340 milésimas. A segunda posición da táboa scratch masculina ocupouna o gañador júnior Xoel Pereira (Bici Verde), cun rexistro de 15.960, e terceiro situouse o subcampión sub23 Iván García (Pontebike), grazas a un ‘crono’ de 16.204.

En canto á clasificación absoluta feminina, unha representante da entidade organizadora apuntouse o triunfo scratch. A júnior Alba Fernández (Pontebike) foi a máis rápida ao completar o percorrido cun tempo de 18.129 na súa primeira aparición na pista. Superou por algo máis de 1 segundo á infantil Ainoa Posada (Lynalfa-Ponteareas), que fixo 19.387, e o podio absoluto completouno a vencedora elite Gemma Chapela (VK Bikes) ao asinar unha marca de 19.699.

imagen

Foto: Sportskids

O primeiro Campionato de Galicia de Pump Track puxo en xogo títulos en dezaoito categorías e as desexadas camisolas azuis e brancas da Federación Ciclismo Galego (FCG) recibíronas Sofía Núñez (Ribadumia) e Daniel Fernández (Farto) en Promesas, Vera Rodríguez (Avanza-O Porriño) e Leo Díaz (Pontebike) en Principiantes, Inés Araújo (VigoEnduro) e Daniel Díaz (Pontebike) en Alevíns, Ainoa Posada e Arón Gómez (Coruxo) en Infantís, Yerái Peláez (Coruxo) nos Cadetes, Alba Fernández e Xoel Pereira en Juniors, Uxía Álvarez (Coruxo) e Sergio Veiga en Sub23, Gemma Chapela e  Alejandro Pérez (Tripamp Ourense) en Elites, Beatriz Vicente (O Rosal) e Pablo Míguez (Traviesas) en Máster-30, Mónica Alarcón (Louriña) e José María Rial (Bici Verde) en Máster-40 e Alberto Pérez (VigoEnduro) nos Máster-50.

 /></p><p><em><strong>Foto: Sportskids</strong></em></p><p>A cerimonia de entrega de premio no podio contou coa presenza de Xoán Carlos Montes, alcalde de Mondariz; de Marcos Porto, responsable do Pontebike Team e xerente de Sportskids; e de Óscar Sánchez, directivo da FCG. Ao calendario autonómico de Pump Track réstalle unha proba, a que clausurará a Copa Galicia o 17 de setembro en Ourense.</p><p><strong><a href=Clasificacións

Foto portada: Sportskids

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario