O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, acompañado polo presidente da asociación cultural e recreativa do gremio de hostaleiros de A Milagrosa, Pablo Pérez, presentaron o cartel das festas do barrio da Milagrosa nas que a Xunta volve colaborar sufragando o custe da publicación do libro conmemorativo desta celebración no que inclúe o programa de actividades.
Arias destacou a importancia destas festas porque fan cidade desde un dos barrios máis senlleiros e animou aos lucenses a participar nas actividades previstas. O delegado territorial tamén lembrou que a Xunta leva colaborado no que vai de ano con máis dunha vintena de festas de barrios e parroquias do rural de Lugo, axudando así a manter vivas as nosas tradicións.