AA Escola Municipal de Música de Oleiros e o Centro Municipal de Artes Escénicas (Escola Municipal de danza e a Escola Municipal de Teatro) comezan o curso en setembro. O número total de persoas que participarán nestas actividades é de 765, podendo incrementarse ante a existencia de prazas vacantes.
As escolas municipais de música, danza e teatro están abertas a toda a veciñanza que queira satisfacer as súas inquedanzas artísticas. As datas e horarios de apertura das aulas e instalación serán os seguintes:
Escola Municipal de Música de Oleiros (EMMO):
- Data abertura administración do Centro: 1 ao 13 setembro; horario de mañá de 9:30-14:30h. A partir do 14 setembro: 9:30-13:30h e 17:00-19:00h.
- Datas escolla de horarios de instrumento: 19 de setembro. As familias recibirán a información entre os días 6-13 de setembro.
- Datas inicio clases: 18 e 19 setembro inicio MM. 20 de setembro instrumentos, linguaxe musical e complementarias.
Información sobre o inicio do curso e dispoñibilidade de prazas vacantes no teléfono 981639143 e na dirección de correo electrónico esmu.municipal.fabrica@edu.xunta.es.
Centro Municipal de Artes Escénicas (CEMAE), agrupa a Escola municipal de Danza e a Escola municipal de Teatro:
- Data apertura do Centro: 1 de setembro.
- Datas escolla de horarios: Do 11 ao 15 de setembro.
- Datas inicio clases: Os días 18 e 19 de setembro MM de Danza e Iniciación de Teatro, respectivamente, e o resto de alumnado, o 20 de setembro.
Información sobre o inicio do curso e dispoñibilidade de prazas vacantes no telefono 981639688 e na dirección de correo electrónico cemaeoleiros@outlook.es.
As Escolas Artísticas Municipais de música, danza e teatro son un orgullo para o Concello de Oleiros e unha manifestación da cultura enérxica e creativa que forma parte do compromiso do Goberno municipal co ocio san da mocidade e a formación en distintas áreas complementarias para unha educación máis integral e alternativa.