O PP de Lugo afirma que a xestión do Garañón é un exemplo do fracaso urbanístico

por Redacción Lugo

Os populares acudiron ás costas do Parque para contrapoñer a forma coa que deron cumprimento ao convenio do Garañón aprobando «con alevosía e nocturnidade o proxecto de equidistribución das Torres fronte a poucas horas de que entrara en vigor unha normativa que impediría ese proxecto, aos retrasos eternos nas tramitacións urbanísticas habituais en Lugo»

  • Os populares advertiron que «no proxecto actual non está garantido a restitución ao estado orixinal da parcela» e puntualizan que «o derrubamento do Garañón do PSOE non significa que pase a ser unha zona verde xa que está sen rematar a modificación puntual do PXOM, confirmado no propio pleno de xullo polo goberno, contratada en decembro de 2020»
  • Os edís do PP aproveitaron esta comparecencia para propor «unha batería de medidas, consensuadas co persoal técnico e xurídico municipal  como por exemplo: de recuperar a atención presencial en urbanismo; transparencia e publicidade dos criterios de interpretación da normativa urbanística e expedir un documento que avale o criterio da primeira consulta técnica sobre un proxecto para evitar cambios de interpretacións, entre outras»
  • Dende o PP lembran que «hoxe hai nun caixón preto de 800 licenzas sen resolver e que detrás de cada expediente hai nomes e apelidos, persoas que lideran proxectos persoais ou vitais para asentarse en Lugo»
  • Tamén  destacan que recentemente se suspendeu unha Xunta de Goberno por falta de asuntos e que a media de resolución  non chega a 5 licenzas por semana
  • Por último o Partido Popular pregúntase, cantos emprendedores máis se van quedar no camiño? Lembrando como esta semana coñecíamos un novo caso dun inversor que levaba 7 anos agardando por unha licenza e que tiña previsto facer un grande investimento pero que se viu obrigado  a desistir polas trabas que se lle puxeron
Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario