As obras, que se inician hoxe, consisten na execución da ampliación da estrada a 7 metros de ancho e na creación da senda pola súa marxe esquerda para mellorar as condicións de seguridade e accesibilidade
A Deputación da Coruña inviste 175.986 euros a crear unha senda peonil na estrada provincial DP – 5810, que vai desde Coruxo de Arriba a Montrove, no Concello de Oleiros. O tramo froito da actuación transcorre entre o PQ 0+500 e o PQ 0+790.
As obras, que se iniciaron hoxe cos primeiros traballos de limpeza das marxes do vial, consisten na ampliación da plataforma da estrada a 7 metros de ancho en dito tramo, que na actualidade conta con tan só 5,5 metros de plataforma. Á vez, crearase unha senda peonil paralela pola súa marxe esquerda, cun ancho variable, co fin de respectar as aliñacións do PXOM existentes, separando a zona entre a beiravía e a plataforma cun bordo de formigón prefabricado de dobre capa tipo C-9, co obxectivo de mellorar tanto as condicións de seguridade como de accesibilidade.
Proxéctase o saneamento do terreo existente nas zonas de ampliación da plataforma contiguas á estrada actual, as cales consistirán na escavación cunha profundidade de 75 cm e o posterior recheo con material competente procedente da propia escavación ou de préstamos.
A continuación colocarase unha capa de xabre artificial de 30 cm de espesor, e sobre esta estenderase unha capa intermedia de mestura bituminosa en quente de 5 cm. Para a execución da senda será necesario a creación de pequenas demolicións co fin de ampliar o dique existente na zona do lavadoiro para dar continuidade ao itinerario peonil, e colocarase unha varanda de madeira a fin de garantir a seguridade dos peóns.
Para a captación de augas pluviais, colocaranse sumidoiros cada 25 metros , e inclúense unidades de sinalización horizontal e vertical así como o retranqueo dos postes das instalacións telefónicas e eléctricas.
Por último, tomaranse medidas para garantir a fluidez e seguridade da circulación no tramo de estrada afectado durante a execución das obras, con expresión dos desvíos de circulación precisos e dos períodos nos que se pode