Os populares non están dispostos a blanquear a mala xestión do BNG na organización das patronais nas que se gastarán 700.000 euros, mentres o PSOE mira para outro lado contraprogramando e potenciando outros eventos
O Grupo Municipal do Partido Popular presentou hoxe un escrito comunicando ao bipartito que se retira da Comisión de Festas do San Froilán. O concelleiro popular Javier Vázquez explica as razóns polas que plantan esta comisión:
- Disfrazan baixo a apariencia dunha comisión un ordeno e mando: “non é unha comisión é unha sumisión xa que se utiliza este foro para informar dunha programación que xa teñen decidida con antelación. Aos dous días de xuntarnos desvelan nos medios de comunicación actuacións e actividades que nin mencionaron na xuntanza do luns”
- Rexeitamos o ninguneo permanente do bipartito: “fixemos unah batería de propostas e non se nos deu retorno tan só garantizaron o pregoeiro que propuxemos”. No momento en que queiran contar con nós e darnos participación real aquí estaremos sempre a súa disposición”.
- Boicoteo do PSOE ao San Froilán que contraprograma e aposta de forma clara polo Caudal Fest e que garda silencio sen prestar ningún interese en presumir das patronais de Lugo cando é un evento senlleiro que forma parte do patrimonio cultural inmaterial de Lugo
- Non son as nosas festas”. Non nos sentimos representandos nun programa no que hai moito de improvisación e irregulariedades en contratacións como a maquetación, edición e impresión de programas das festas cuxo contrato prorrogaron fóra de prazo e por iso se paga con reparo de legalidade”.
Foto arquivo