O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, fixo hoxe entrega na Pastoriza de dúas vivendas de promoción pública situadas no lugar da Igrexa.
Forman parte do parque de vivendas da Vicepresidencia segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, xestionadas a través do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS). Ambas adxudícanse en réxime de alugamento; contan cunha superficie de 90 metros cadrados e dispoñen de tres dormitorios e garaxe.
Arias lembrou que as persoas interesadas en optar ás adxudicacións de vivendas públicas en calquera municipio galego deben inscribirse no Rexistro de demandantes de vivenda de Galicia.