A xunta local do PP de Lugo repasou o investimento millonario da Xunta nesta zona contrapoñendo “o traballo, o tesón e a planificación das infraestruturas sociosanitarias neste barrio que viñeron da man da Xunta, e na que participaron moitos cargos e colaboradores do partido, fronte ao abandono do PSOE e do BNG que o único investimento que fixeron nos últimos anos foi o carril-bici”
Tanto a voceira do PP, Elena Candia, como o Presidente do PP local, Ramón Carballo, contrapuxeron o traballo do Partido Popular nesta zona de Lugo “detrás do rexurdir do barrio hai un esforzo e diálogo constante de moitas persoas do Partido Popular que cremos nas posibilidades deste barrio, mentres tanto o concello o único que fixo foi quedar de espectador e poñer pedras no camiño”.
“O PP planifica e ten unha visión global como así se demostra cos feitos aludindo á obra que se licitou recentemente cun investimento de 1,3 M€ para facer un aparcamento disuasorio na Avenida Breogán que dará servizo a esta zona”.
Novas canles de participación
Na xuntanza ordinaria da xunta directiva tamén se fixo un balanzo das accións realizadas polo Grupo Municipal durante o último mes e máis se avanzaron as liñas de traballo para o vindeiro trimestre e se presentou o calendario da nova ronda de visitas ás 54 parroquias así como os encontros veciñas en todos os barrios de Lugo.
Elena Candia tamén anunciou que dende o Grupo Municipal se activará un horario de atención presencial no local do Grupo Popular na Casa do concello será os venres e con cita previa e indicou que esta escoita activa refórzase co número de Whatsapp de atención cidadá, o 618 626 902, onde a veciñanza pode enviar propostas para mellorar o seu barrio.
Durante a xuntanza tamén se fixo un balanzo das actuacións levadas a cabo dende a última reunión que se celebrou da xunta local do PP do 27 de xullo e se puxeron en valor diferentes as diferentes mesas de traballo que xa están en marcha como son a de urbanismo ou de migración, entre outras, e se avanzou que se abrirán novos foros de temas específicos que preocupan á veciñanza.