O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, xunto á primeira tenente de Alcalde de Monforte, Gloria Prada, e o presidente do Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia, Francisco López Valladares, participou este venres na presentación do libro Os Bolechas, os alimentos ecolóxicos, un acto organizado polo CRAEGA na cidade do Cabe coa presenza duns 400 alumnos e alumnas de centros educativos do municipio e tamén do propio autor da publicación, Pepe Carreiro, que debuxou os recoñecidos personaxes en directo.
Rivera Capón animou aos máis pequenos a plantar e traballar os seus propios alimentos, e coñecer como facelo dun xeito ecolóxico, destacando a importancia destes recursos educativos para fomentar entre os nenos e nenas o coidado do planeta e o desenvolvemento sostible.