O Concurso de Bandas e solistas de CUAC FM alcanza a súa 25ª Edición

por Redacción A Coruña

A Cociña Económica recibirá as aportacións dos asistentes á Batalla de Bandas o sábado 30 pola noite

Dende 1997, con 30.000 pesetas en premios, CUAC FM apostou por un concurso de aporte visibilidade ás bandas e solistas emerxentes de todo o estado español. En 2023 alcanzou este concurso a XXV Edición, o que o fai o mais lonxevo de toda Galicia. O sábado 30 de setembro acturarán Apart, dende Carballo e Vuelve Abril dende Murcia para disputarse o primeiro e o segundo posto de entre os máis de 120 proxectos que se presentaron, con entrada libre, ainda que poden facerse aportacións de donativos voluntarios para a Cociña económica. 

No descanso entre bandas entregarase o premio Eva Coyote á mellor banda coruñesa, premio que levou nesta ocasión Wasted Wiltons.

As Bandas

Apart, o quinteto de Carballo no que  está vivindo un gran momento e participou este verán en Festivais como o Morrriña Fest ou o Super Bock. E dende Murcia chega a banda de pop rock Vuelve abril, un cuarteto que tamén ofrece a súa música en castelán.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario