Néstor Rego avanza iniciativas no Congreso para impedir, máis unha vez, que se deturpe a toponimia propia da Galiza, tal e como estabelece a lexislación vixente
O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, avanza o rexistro de iniciativas na cámara baixa para que o Goberno do Estado non permita, máis unha vez, a deturpación do topónimo da Toxa nunha nova edición do Foro. Para a organización nacionalista, o executivo estatal -así como todas as entidades públicas- debe respectar as formas toponímicas galegas lexítimas, correctas e únicas con carácter oficial sempre e en todo lugar e, se estiver deturpada, realizará todas as actuacións necesarias para corrixilo, tal e como estabelece a lei.
Nos últimos días do mes de setembro estase a realizar unha nova edición do Vínculo Atlántico que continúa a deturpar o nome lexítimo da Illa da Toxa, no Concello do Grove. No programa desta edición aparecen altos cargos do Goberno e figuras institucionais como o actual Presidente da Xunta de Galiza, a ex ministra de Asuntos Exteriores, Arancha González Laya, ou a Presidenta da Autoridade Independente de Responsabilidade Fiscal, Cristina Herrero, entre outros.
Cumprir a lei e respectar a toponimia oficial
«As leis e decretos que fixaron as denominacións oficiais na Galiza son de obrigado cumprimento tanto para entidades privadas como públicas, porén, máis unha vez, temos que denunciar a vulneración da toponimia galega» afirma o deputado do BNG. É a Administración pública a que ten o deber de velar polo cumprimento xeral das normas e, polo tanto, o Goberno do Estado «debe garantir que se respecten as leis vixentes».
Segundo estabelece a actual lexislación, a través do artigo 10 da Lei 3/1983 de normalización lingüística do Parlamento de Galiza, os topónimos da Galiza terán como única forma oficial a galega e engade que «corresponde á Xunta de Galiza a determinación dos nomes oficiais dos municipios, dos territorios, dos núcleos de poboación, das vías de comunicación interurbanas e dos topónimos da Galiza».
Actuar e corrixir a deturpación
A formación nacionalista, mediante o seu deputado no Congreso que avanza o rexistro de novas iniciativas ao respecto, reclama ao executivo estatal que leve a cabo «todas as xestións e negociacións necesarias para que este Foro cumpra a lexislación vixente e respecte a toponimia da Toxa». Rego destaca que «debe garantirse que coñecen a realidade e a cultura galegas, o seu idioma, caracteres propios e a súa toponimia real».
E se a organización do Foro rexeitase corrixir a deturpación, continúa o deputado do BNG, o Goberno do Estado así como todos os representantes de entidades públicas deberán rexeitar o convite. «É un evento organizado por empresas privadas mais tamén está sufragado con diñeiro público. O executivo non pode permitir esta ilegalidade e non debe participar nela» conclúe.
Solo falta que en el Foro da Toxa ,lo inviten a Vd. para lo de siempre.No se esfuerce demasiado porque lo que dice es
un sin sentido y nadie le hará caso.
El invento de los traductores en el Parlamento del Estado ,costará dinero a las arcas públicas que es innecesario gastar
(si fuese suyo ,seguramente lo vería distinto).
Sólo falta que el Cardenal Arzobispo de Santiago lo pida en latín ,para tener actualizado al clero.
No llame ilegalidad a esto porque de ilegal no tiene nada y lo que están haciendo Vdes. es convencernos a los votantes que Vdes., se dedican a algo distinto a lo que deben .No se les ha elegido para lo que están haciendo y va siendo hora de que dejen de inventar cosas y se dediquen a generar las condiciones para que los ciudadanos puedan vivir mejor.