PSdeG da Laracha. «O PP non da resposta ás necesidades educativas dos nenos, nenas e adolescentes do Municipio»

por Redacción A Coruña

O PSdeG-PSOE da Laracha denuncia que o Partido Popular do municipio rexeitou no pleno instar á Xunta de Galicia a reverter os recortes de profesorado no CEIP Otero Pedrayo e no IES Agra de Leborís, como pedía unha moción presentada polos socialistas. Estes recortes eliminan as prazas de Pedagoxía Terapéutica e Audición e Linguaxe nos centros.

A concelleira socialista Inés Ramos López critica que o Goberno local “non da resposta ás necesidades educativas dos nenos, nenas e adolescentes da Laracha”.

“O alcalde José Manuel López Varela achaca a culpa destes recortes ao Goberno estatal, pero queremos lembrarlle que a educación é competencia das comunidades autónomas, e en Galicia quen goberna é o PP”, sinala Ramos López. “Este problema ten que solucionarse xa, este curso, porque a cativada da Laracha ten dereito á educación en igualdade”, engade.

A socialista sinala tamén que “o PP comentou a existencia dunha serie de reunións coa persoa competente en esta materia na Xunta, pero sen chegar esclarecer cal é e cal será as situación dos citados centros”.

A concelleira considera ademais “pouco axeitada a liña de debate seguida polo PP durante a presente reunión plenaria, pois non da resposta ás propostas da oposición, xa non só deste grupo, e tampouco debaten co respecto e educación propios dunha sesión deste tipo”.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario