O Partido Galego(P.G.), defende a Sanidade Pública Galega, para atender en tódalas situacións necesarias a poboación galega en condicións axeitadas tecnicamente e igualitarias.
No caso da asistencia sanitaria por abortos, que loxicamente afecta ás mulleres, estas teñen o dereito a decidir dentro das 14 primeiras semanas do embarazo, si queren ou non, interromper o mesmo. E teñen dereito tamén, no caso de interromper, a seren atendidas dentro da sanidade pública galega.
O Partido Galego(P.G.), ve na actuación do Partido Popular de Galicia,de querer levar á sanidade privada,a atención sanitaria no caso dos abortos, ademais de negarlle un dereito recoñecido, ás mulleres galegas,un paso máis para debilitar o sistema sanitario público galego, cada vez máis atacado.
Vemos con fonda preocupación como en numerosos concellos rurais de Galicia, cada vez son máis frecuentes as ausencias de profesionais para atender á poboación…» non hai quen pase consulta..» ; noutros casos, vemos como a merma de determinadas especialidades, fai que en meses e incluso anos, se nos prive da correspondente atención.
O Partido Galego(P.G.), insta ao Partido Popular e á Xunta de Galicia a potenciala asistencia sanitaria pública en Galicia,dotandoa do persoal necesario para unha atención digna.
En cada paciente desviado da pública para a privada, incrementamos o gasto sanitario, pois sempre é máis caro a súa atención na privada que na pública, ademais o servizo en xeral é de peor calidade. Incluso cómpre lembrar que na privada atenden cuestións «ordinarias», pois en caso de precisar determinadas máquinas de alto potencial «rebotan» aos pacientes de novo para a pública.
A realidade é que a Xunta non aforra diñeiro senón que o incrementa, neste caso a partida de 2,5 millóns € sería bastante menor cos medios públicos, e con esta forma de desvíos agrava «para baleirado» o sistema sanitario público, ademais, o que busca o PP é un cambio de mentalidade da xente, tratando de inculcar que é necesario un seguro privado, para estar ben atendidos, e ir deteriorando pouco a pouco o noso sistema sanitario público que é dos máis garantes do mundo, e que na contra de desfacelo que é o que está facendo paso a paso o PP, debemos melloralo.
Por tanto, e xa no que respecta a concesión contratada recentemente por 2 anos ampliables a 5, a Xunta debe rescindir tal contrato, e volver a acoller e prestar asistencia sanitaria a tódalas mulleres que o precisen dentro do SERGAS, nos termos que marca a Lei e os abortos non poden ser a excepción.