Balseiro denuncia reiterados incumprimentos do Goberno Sánchez con Feve en Galicia

por Redacción Galicia

Ás deficiencias sobre o mal estado dos vagóns, falta de mantemento, escaseza de persoal e continuas avarias hai que sumar a negativa a renovar a flota que opera entre Ribadeo e Ferrol, onde a liña segue sen electrificarse

A sucesión de incumprimentos do Goberno de Pedro Sánchez en relación co ferrocarril de vía estreita, no tramo que une Ribadeo con  Ferrol, son obxecto de preocupación para os populares galegos, que veñen de formular unha batería de iniciativas no Parlamento de Galicia en relación con este asunto.

O voceiro de infraestruturas do Grupo Popular, José Manuel Balseiro, explica que a liña FEVE galega “é a gran esquecida polo Ministerio de Transportes” que, ademais de non corrixir as deficiencias que son “de sobra coñecidas” tampouco está a cumprir os compromisos de renovación e modernización da frota.

“As queixas dos veciños e usuarios son frecuentes e alertan sobre o mal estado de trens e vagóns, sobre a falta de mantemento, sobre a escaseza de persoal, sobre retrasos frecuentes e avarías. A todo isto hai que sumar a negativa do Goberno Sánchez a contratar novos equipos, tras o episodio bochornoso dos trens que non cabían polos túneles”-explica o deputado.

O Goberno central tampouco cumpre os reiterados acordos parlamentarios que esixen a posta en marcha dun plan para electrificar a totalidade da liña ferroviaria. Cómpre lembrar que en Galicia só poden circular trens híbridos, pola falta de catenaria, o que implica equipos menos eficientes e modernos. Hai novos trens previstos para Cantabria e Asturias pero non para Galicia.

“Desde o PP vamos a levar esta situación ao Parlamento de Galicia, pero todo apunta a que se non hai presión Sánchez manterá no esquecemento o tren FEVE. Parecera que o queren deixar caer,  os primeiros pasos cara o seu desmantelamento”- conclúe Balseiro.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario