O PP di que o único que demostraron PSOE e BNG á fronte da Deputación de Lugo nestes 100 primeiros días foi “autoritarismo, sectarismo e falta de transparencia”

por Redacción Lugo

Antonio Ameijide destaca que dende o Grupo Provincial Popular, fronte a esa actitude do bigoberno, mantemos a liña propositiva e construtiva que anunciamos ao comezo do mandato presentando 12 iniciativas, preguntas e rogos ás que sempre votaron en contra, a pesar de estar aprobadas polo propio goberno provincial, pero só atopamos «un muro de sectarios dende o presidente ao resto de deputados do goberno»

Antonio Ameijide afirma que a sinatura de convenios é a proba máis evidente do amiguismo e o trato desigual do bigoberno provincial aos Concellos e pide poñer fin ás desigualdades entre os Concellos da provincia, propiciadas por PSOE e BNG, en referencia ao reparto de fondos provinciais a través de convenios cos Concellos, aprobados en xuntade goberno, xa que no que vai de 2023 asinaron 44 convenios con municipios gobernados polo PSOE, 11 con municipios gobernados polo BNG, 3 con concellos gobernados por independentes e 0 con concellos gobernados polo PP.

Os deputados populares consideran necesario aumentar a partida destinada para o Plan Único, un plan de arranxo e mantemento das estradas provinciais en base a criterios obxectivos, avanzar na construción e posta en marcha dos centros de atención a maiores ou impulsar a recuperación e posta en valor do patrimonio histórico.

Dende o Grupo Provincial Popular denuncian que PSOE e BNG provocaron que a Deputación de Lugo pasase de ser o motor que impulsaba proxectos turísticos, obras, a universidade… para converterse agora en quen paga os cheques das carreiras políticas socialistas.

Dende o PP defenden o diálogo como mecanismo para chegar a acordos na Deputación de Lugo e así evitar situacións que ninguén quere, como a suba brutal do 40% que PSOE e BNG aplicaron aos gandeiros que teñen os seus animais no centro de recría Gayoso Castro, «unha decisión unilateral de PSOE e BNG á que o PP votou en contra».

Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario