Elena Candia reclama máis atención do goberno local ás demandas dos polígonos da cidade

por Redacción Lugo

A voceira do Grupo Popular Elena Candia aproveitou para presentarlles a iniciativa que o seu grupo defenderá no pleno para renovar as tuberías do CEAO e así aumentar a presión e garantir o servizo de extinción de incendios

  • A directiva de empresarios que participou na reunión co Grupo Municipal coincidiu na necesidade de mellorar as redes de abastecemento reflexionando que “tras pasar case 3 anos do incendio do CEAO ainda non se cambiou a rede de subministro tal e como aconsellan informes técnicos”
  • Precisamente nun dos documentos que se elaborou a raiz deste suceso se indica que  a antigüidade das tuberías podería xerar problemas na presión hidráulica recomendando realizar cambios nesta infraestrutura.
  • Nestes informes tamén se explica que no caso de precisar aumentar directamente a presión de auga para actuar nun posible incendio no polígono do CEAO existe o risco, nunha porcentaxe moi elevada, de sufrir rebentóns ou roturas na rede xa que os tubos son moi antigos, de fibrocemento, e tamén se apunta que  asbocas de rego son antigüas e é necesario ampliar o seu número.

OUTRAS DEMANDAS

  • Outras cuestións que os empesarios do CEAO demandan é poñer en marcha o sistema de videovixilancia para mellorar a seguridade do polígono, máis zonas de aparcamento, crear un servizo de conciliación familiar; mellorar o transporte público xa que “as liñas de autobuses actuais non se adaptan ás rutinas dos seus traballadores e usuarios”, mellorar a recollida de residuos; incrementar a limpeza e mantemento de viais, crear puntos de recarga para vehículos eléctricos.
Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario