Mañana, sábado 21 de outubro, a OrquestraInfantile Xuvenil de Vigo, Kv2211, celebra un concerto que terá lugar na Asociación Veciñal Cultural e Deportiva Monte da Mina sita en Castrelos, gracias á colaboración do Concello de Vigo. O concerto, baixo o título «Música clásica polas parroquias», ten como fin potencia-la música clásica en tódalas zoas de Vigo e abri-la a un público familiar.
Con tal fin, ás 19 horas deste sábado actuará a OrquestraInfantil, dirixida por Raquel Fernández e formada por nenos e nenas desde os 7 anos de idade de instrumentos de corda frotada, percusión e piano.
Como novidade, a OrquestraKv2211 presenta o novo Ensemble de ChelosKv2211 que integra a casi tódolos chelistas tanto da Orquestra Infantil como da Xuvenil. Dezaseis violonchelistas de entre os 9 e os 22 anos dirixidos por Miriam Fernández encargada de face-los arranxos correspondentes e adapta-las obras para que tódolos músicos podan participar neste conxunto.
A Orquestra Infantil e Xuvenil de Vigo Kv2211 constituíuse no ano 2017 e actualmente está formada por máis de 60 músicos de corda, percusión e piano de Vigo, Tui, Porriño, Nigrán, Baiona, Gondomar, Santiago de Compostela, Mos e Ourense.
Este concerto forma parte da programación musical da Orquestra que conta coa colaboración do Concello de Vigo.
O próximo concerto programado está adicado a Santa Icía e terá lugar o domingo 26 de novembro ás 18 horas no Centro Cultural Helios de Bembrive