A selección nacional feminina Sub15 elixe Galicia para prepara a súa concentración de arranque de tempada
O Complexo Natural CEMAR de Mondariz, é o lugar elixido para levar a cabo esta actividade con un marcado carácter deportivo, pero que, tamén, elixe escapar do tapiz de loita e achegar as rapazas a outro tipo de actividades de carácter mais lúdico.
Esta concentración, que rematará o domingo 22, está organizada pola Federación Galega de Loita e D.A. e a Federación Española de Luchas Olímpicas y D.A. para aumentar o número de actividades de formación nas categorías base do noso deporte.
Un total de 45 deportistas convocadas, procedentes de 11 CCAA, participan nestas xornadas de formación durante 4 días e 6 sesións específicas de adestramento. Como referentes nacionais estarán presentes en esta concentración 7 Galegas; Nadia Zoltikova (Club de Loita Pontevedra), Clara Corrochano (Club de Loita Lugo), Nela Sebio e África García (Club de Loita Keltoi de Vila de Cruces), Ana Ferro (Club Senín de Cambados), Luciana Medina e Noelia Dios (Club San Ignacio de Vigo).
Galicia, está sendo un referente nacional e internacional na organización de eventos e grandes eventos. O bo traballo desenrolado pola Federación Galega de Loita nos últimos anos, facilita a confianzas das CCAA en canto a participación nas actividades organizadas na nosa terra.
Este tipo de iniciativas, afianzan o crecemento exponencial da Loita Galega e nivel nacional. O traballo na contorna do rural e a dinamización das actividades para mulleres, fan do carácter da Loita unha ferramenta educativa, socializadora e inclusiva que non se apreciaba fai anos. Agora é un referente educativo como medio de transmisión de valores.
Para esta concentración contaremos coa presenza das técnicas Lydia Pérez (mellor deportista da selección absoluta feminina: bronce nos Xogos do Mediterráneo e Campioa dos Xogos do Mediterráneo de Loita Praia), Ángeles Álvarez (Técnica Galega e adestradora do Club San Ignacio.
de Vigo), Teresa Méndez (Madrid. Seleccionadora nacional das categorías base), Rubén Méndez (Técnico Galego e técnico nacional de apoio), Marcos Miragaya (Seleccionador nacional U15) e Pablo Pintos (Seleccionador nacional U20 e U23 de Libre Olímpica).