Os populares apoiaron a mellora do pavillón deportivo municipal, unha obra que consideran «moi necesaria» e para a que a Xunta achega 50.000 euro.
- Os populares alégranse de que «o goberno local se puxera as pilas tralas nosas críticas en xullo debido a que deixaran pasar a oportunidade da primeira convocatoria de axudas da Xunta»
- Os concelleiros do PP fixeron constar no pleno as queixas dos veciños ante as goteiras que presenta outro pavillón, o do CEIP Ínsua Bermúdez, que piden arranxar «pola seguridade dos usuarios»
- As choivas evidenciaron deficiencias na obra da rúa da Pravia onde o goberno local gastou un millón de euros, pero que non contan con suficiente capacidade de drenaxe polo que inundan locais na zona