As promesas dos políticos de Ponteceso inúndanse nas rúas da Vila

por Óscar de Souto


Ante os recentes pronósticos dun rio atmosférico e un furacán as portas do atlántico galego, acordóuseme hoxe aquelas 34 propostas que UCIN Ponteceso presentara nas últimas eleccións municipais recollidas das peticións e queixas que nos trasladaron os veciños e veciñas da nosa vila. Lembro que a preocupación ante unha posible inundación e o arranxo dos malecóns estaban no pódium das nosas propostas de campaña

Cambiar todo ……para que nada cambie. Mentras o novo goberno municipal composto polo PP e o Partido Galego de Ponteceso se preocupan de facer unha festa das fabas por todo lo alto. Dende o noso partido municipalista seguimos preocupados pola coincidencia de mareas vivas, malecón sen arranxar e un rio atmosférico a piques de anegar por enésima vez o centro da vila. Os elexidos, están máis preocupados por sair ben fotos, de poñerse soldos elevados con asesora a maiores incluída e os problemas mais importantes dos veciños sen solucionar.

Dende UCIN loitamos para arranxar os problemas dos veciños , porque o que precisamos son solucións reais e efectivas a estes asuntos transcendentais para o día a día da veciñanza.

Agardo que a memoria non sexa curta e lembredes as miñas opinións e queixas constantes desta última década, protestando para que alguén no consistorio municipal recorde, que Ponteceso ten un tema urxente sen tocar: o diluvio que anega todo cada ano sen que ninguén mova nin un dedo para atoparlle algún arranxo.

Ademais de cobrar grandes soldos e facer grandes festas e poñerse de lado a os problemas da cidadanía…..Tendes planteado facer algo positivo polo noso Municipio ????

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario