O Deputado de Promoción Económica e Social participou este sábado na clausura do encontro profesional Xestión Medioambiental de Explotacións de Vacún de Carne, celebrado no mercado gandeiro da localidade para abordar a situación e o futuro dunha actividade económica fundamental para a provincia
– “O apoio ao sector primario é unha das liñas de traballo prioritarias que marcan a nosa acción de Goberno, e que mellor maneira de facelo que da man dos propios profesionais, dos propios produtores e das organizacións que os representan”, subliñou Pablo Rivera sobre a colaboración da institución con esta cita.