Estase a renovar a superficie de rodadura e ampliando a anchura da calzada en determinados puntos das vías
O Concello da Laracha ten en fase de execución unha actuación de mellora da rede viaria na parroquia de Cabovilaño que afecta a varios camiños do núcleo de Oldán e aos seus accesos desde A Lagarteira e tamén desde o cruce coa vía da Braña Grande.
En todos os puntos obxecto da intervención está a ser renovada a superficie de rodadura cunha nova capa de aglomerado asfáltico en quente. Ademais, en determinadas zonas van ser acondicionados os sobreanchos para ampliar a plataforma da calzada e favorecer a circulación dos vehículos.
Tamén está contemplada a instalación de sinalización vertical para aumentar a seguridade viaria nesta zona.
O alcalde, José Manuel López Varela, e os concelleiros Pablo Cambón e Patricia Bello, desprazáronse ata o lugar das actuacións para interesarse polo desenvolvemento dos traballos.
O orzamento deste proxecto alcanza os 70.000 euros.