Decenas de nenos e os seus pais compartiron o espírito dos anos 20 en Trasalba

por Redacción Ourense

Cunha oferta reducida e cun espírito recuperado, A Bela Auria volveu a celebrar os anos 20 do século pasado

Decenas de nenos e os seus pais tiveron oportunidade de gozar dunha xornada diferente, que daba comezo ás 12:00 da mañá cos contos de Uxía Morán.

A actriz ourensá convidou ás familias que se achegaron ata o Pazo de Trasalba a participar activamente nas súas contadas converténdose en actores por un día.

A continuación, Irma Fernández devolveunos aos cafés-cantantes de comezos de século, grazas ao seu piano e ao talento inmortal de Charles Chaplin.

Foi o cinema mudo un descubrimento para os máis cativos; riron, soñaron e gozaron cunha peza audiovisual de máis de cen anos: ‘Vida de Can’.

A Bela Auria Pequeniña despídese ata o vindeiro ano, no que seguirá homenaxeando á xeración Nós, no mes da publicación da súa revista.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario