A xornada no Mercado Municipal de Quiroga Ballesteros con 20 participantes procendentes de distintas localidades como Barcelona, Burgos e Valladolid
A concelleira de Participación e Servizos para a Veciñanza, Cristina López, participou na apertura da Xornada de Intercambio de Artigos Cervexeiros de Lugo, organizada pola asociación de Coleccionistas Cervexeiros de Galiza. A concelleira de Participación explicou que «estas xornadas están a reunir coleccionistas de todo o estado que teñen por afección coleccionar artigos relacionados co mundo da cervexa».
A xornada amosará os artigos de máis de unha ducia de expositores que mostraron as súas pezas durante a xornada do domingo 29 de outubro. Participan coleccionistas de botellas de cervexa, chapas, pousavasos, etiquetas, vasos serigrafiados e outros artigos coleccionables. A concelleira de Participación destacou que «é un foro de intercambio único e tratase dunha oportunidade para coñecer o mundo do coleccionismo relacionado coa cervexa», e engadiu «a veciñanza de Lugo poderá acudir de xeito gratuíto a ver as distintas coleccións».
A mostra conta co apoio de La Craft, cervexaría artesá ubicada no Mercado Municipal, que permitirá degustar distintas cervexas artesás realizadas en Lugo.
A mostra está a ser promocionada nun dos foros de coleccionismo especializado na cervexa máis importantes a nivel estatal e internacional, e desde a organización cóntase coa presenza de coleccionistas de Galiza, de distintas partes da peninsula, que se achegarán a Lugo para mostrar a súa colección.