Manuel Rouco destaca que seguramente a María del Camen López Moreno lle gustaría que a Xunta de Galicia non invistise no municipio «para poder queixarse un pouco máis»
O voceiro popular recorda que a Xunta de Galicia comprometeu máis de 4,7M€ en investimentos necesarios para Burela mentres López Moreno aínda non se puxo a traballar nos presupostos do Concello «dos que nada se sabe»
· Manuel Rouco explica que se están a cumprir os prazos na EDAR de Burela polo que non corren risco os fondos europeos, un compromiso que a Xunta de Galicia ratifica coas sucesivas licitacións que se realizan da obra